COMENTARIO OBTIDO DA WEB OFICIAL DA ESCOLA
A.D. Nicrariense ( 2 - 5 ) E.D.V.Partido moi completo dos infantis. O partido comenzou cun Val do Ulla sen intensidade defensiva e con moita distancia entre as liñas o que facilitaba a circulación de balón do Nicrariense e a falta de recuperacións de balóns pola nosa parte. Tras correxir eses desaxustes o equipo comenzou a roubar balóns e ter chegada á portería contraria pasando a ser dominadores do control do xogo e froito dese dominio chegaron as ocasións e os goles chegando ó descanso con ventaxa de 1-2. A segunda parte foi dominada claramente por nós, interpretando ben o xogo e aproveitándonos da defensa adelantada dos locais. Non tardaron en chegar os goles e a sentencia do partido. Ó final 2-5 moi merecido para o Val do Ulla que nos situa na zona media alta da clasificación e cun xogo cada día máis dinámico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario