14 junio, 2010

A UN GOL...

EDV 2 - ABANQUEIRO 1

Quedamos a un gol do ascenso, merecido a vista do acontecido, pero como o fútbol e así non puido ser e non foi.
Os de Tojo xogaron un partido a gran nivel e puideron pasar.
A afección estivo co equipo enchendo as gradas os de Abanqueiro tamén asistiron en masa para arroupar os seus, en definitiva unha festa que rematou con un certo amargor polo resultado pero con moita ledicia porque vense facendo habitual o Val do Ulla nas fases de ascenso. Todo isto so Indica que a Escola esta a traballar ben.

07 junio, 2010

HAI PARTIDO...

ABANQUIRO 3 - EDV 1

A volta será electrizante, non te podes perder este partido.

resultados:
PORTONOVO-2 ARENTEIRO-3

VERÍN -1 REDONDELA-2

SARDOMA-1 CAMBADOS-0

CIUDAD JARDÍN -1 DORNEDA-2

SANTA MARIÑA-0 CONDADO-2

ABANQUEIRO- 3 VAL DO ULLA-1

SAGRADO CORAZÓN 7- NICRARIENSE-2

31 mayo, 2010

ENORMES...



Os de Tojo xa están na seguinte rolda, logo de eliminar os de Coruña veranse cos vellos coñecidos de Abanqueiro.
SORTE CHAVALES!!! resultados de tódolos encontros pincha

23 mayo, 2010

FENOMENAL RESULTADO

SP. CORUÑES 4 - EDV 4
TODOS OS RESULTADOS: PINCHA.

12 mayo, 2010

FASE DE ASCENSO

CUADRO DE CRUCES : PINCHA
NORMAS: PINCHA
Parece que este ano pode ser o ano dos da EDV, dende este humilde blog desexamos a mellor das sortes a este grupo de fenomenales xogadores, así coma o corpo técnico, en particular a Jorge Tojo, e a directiva pola fenomenal tempada.
O Sporting Coruñés e un gran equipo pero os de Rivadulla non son menos grandes. ÁNIMOS E A POR TODAS!!!

04 noviembre, 2009

26 octubre, 2009

E.D.V. (3 - 2) S.D. Compostela


Remontada tras unha primeira parte de dominio pero sin pegada. O Compostela adiantouse na única xogada que chegou á nosa portería. Na segunda parte o equipo mellorou en profundidade tendo máis presencia de xogadores nas zonas de finalización y maior poder de recuperación de balón. Todo isto levou a unha clara superioridade do equipo que se traduxo en goles. Ao final o árbitro pitounos un penalti inexistente en contra que permitíu ó Compostela acercarse no marcador. En resumen unha clara e merecida victoria do equipo.Resultado final 3-2.
Comentario obtido da web oficial da EDV.

21 octubre, 2009

PARTIDO COMPLETO

COMENTARIO OBTIDO DA WEB OFICIAL DA ESCOLA

A.D. Nicrariense ( 2 - 5 ) E.D.V.

Partido moi completo dos infantis. O partido comenzou cun Val do Ulla sen intensidade defensiva e con moita distancia entre as liñas o que facilitaba a circulación de balón do Nicrariense e a falta de recuperacións de balóns pola nosa parte. Tras correxir eses desaxustes o equipo comenzou a roubar balóns e ter chegada á portería contraria pasando a ser dominadores do control do xogo e froito dese dominio chegaron as ocasións e os goles chegando ó descanso con ventaxa de 1-2. A segunda parte foi dominada claramente por nós, interpretando ben o xogo e aproveitándonos da defensa adelantada dos locais. Non tardaron en chegar os goles e a sentencia do partido. Ó final 2-5 moi merecido para o Val do Ulla que nos situa na zona media alta da clasificación e cun xogo cada día máis dinámico.

12 octubre, 2009

COMENTARIO OBTIDO DA WEB OFICIAL DA ESCOLA


12 de Outubro de 2009

INFANTÍS: E.D.V. ( 1 - 2 ) S.D. Cacheiras

- Comentario: Resultado Inxusto. Partido ben xogado polos infantiles. O resultado non reflexa o acontecido no partido. O dominio do xogo e das ocasións correspondeu ó Val do Ulla. Na primeira parte tivemos ata 4 ocasións diante do porteiro que non logramos transformar. Pola contra o Cacheiras anotou na única xogada que se acercou con claridade á nosa portería. Na segunda parte o control do xogo e o dominio foi abrumador pola nosa parte, eles defendían con orden e trataban de sorprendernos cunha contra. O gol do empate chegou ós 29 minutos e cando parecía que o partido acababa en empate o Cacheiras logrou un gol no último minuto de sorte tras un centro dende a banda que se colou sorprendentemente na portería. En definitiva un partido que por méritos mereceu gañar o Val do Ulla e que o Cacheiras se levou pola nosa falta de acerto de cara ó gol e pola mala sorte.

"Hola internautas son juanin. O Sábado os infantiles perdimos 1-2 inxustamente tibemos que haber gañado 5-0 fallamos moitas ocasions e a parte o árbitro non favorecia, nos fillemos todo o posible para gañar, pero temos que ter máis espiritu e creer en nos mismos, temos moita liga por diante."

09 septiembre, 2009

COMENZAMOS...

Os infantís da EDV están a comezar moi ben, con un xogo vistoso e de nivel, non en vano a gran maioría deste equipo son os campións da LIGA ALEVIN 2008-2009. Se seguen por esta senda, ó periplo por esta liga 2009-2010, destes chavales pode ser moi interesante. SORTE E MOITOS ÁNIMOS.

30 julio, 2009

RETORNO OS ADESTRAMENTOS

JUVENILES 11-AGOSTO-2009 20:00
CADETES 11-AGOSTO-2009 19:00
INANTILES 11-AGOSTO-2009 19:00

21 julio, 2009

CAMBIO DE NOME

A partir do 31 de xullo cambia o nome do BLOG, o novo nome será "cadetesvaldoulla.blogspot.com".
Como ven sendo habitual, poderedes ler aquí todo o que aconteza o longo da tempada.

15 julio, 2009

UN FIN DE CURSO CON MATRICULA...

O sábado xogouse o derradeiro partido da tempada na CARPA DO RIO, aínda que a plantilla tiña baixas notables, os preto de douscentos asistentes deron boa conta dos ricos manxares preparados polos expertos parrilleiros e cociñeiras. Logo de dar boa conta de todo o de comer chegou a hora da GRAN PARTIDA DE NAIPE, con protagonistas destacados, esta veuse interrompida pola entrega de agasallos é recoñecementos a toda a plantilla, da man dun ORADOR DE LUXO, que fixo de mestre de cerimonias. PARA REMATAR CON UN RESULTADO DE ESCÁNDALO, (non sobrou nada... comeron todo)





05 junio, 2009

FOTO 08-09


EN NOME DA DIRECTIVA, ENTRENADOR E DOS PAIS, GRAZAS A TODOS, ATA A VINDEIRA TEMPADA.

01 junio, 2009

CANDO O EQUIPO CONTRARIO E MELLOR SO QUEDA FELICITALO...

SCD. MILAGRISA 5 - ED VAL DO ULLA 2

...Os cha vales da S.C.D. MILAGROSA merecen todo o noso recoñecemento, non así a Directiva e o Corpo Técnico, que deixan moito que desexar como "PERSOAS". Quero aclarar isto, pediron cambio de fecha e concedéuselle, pediron unha hora axeitada e concedéuselle, pediron arbitraxe neutral e PAGÁRONO. Nos creemos que como vinganza por isto ultimo e por falsidade manifesta, fixéronnos xogar as 6 da tarde coa desculpa de que o concello non lle deu hora pola maña porque estaba ocupado, e estivo libre todo o dia, hasta as 8 da tarde que había partido de fútbol sete.


Deixando aparte e encanto o deportivo, dicir que non foi un dos nosos mellores partidos, pero xogamos BEN, na liña de toda a tempada con inicio dende a liña defensiva, con moi poucas saídas en largo, tivemos o balón nun 50% ou algo mais, fixemos algo de auga pola banda diestra e eles cargaron moito o xogo por esa banda sabedores de que o seu 11 era moi rápido, a Janin (alevin) tocoulle un central de envergadura, case imposible... na media eles souberon conter a Cris e a Jordan, e o noso equipo se non pode crear costalle moito facer gol. Se a todo iso engadimos a PÉSIMA actuación arbitral moi, moi caseira, e co lastre do gol encaixado no Coto, era empresa case que imposible de alcanzar, pero os de Alfonso deron todo o que tiñan e marcaron dous goles coma dous soles un deles por toda a escadra (JORDAN).

Ademais non todo foi negativo como tivemos que comer fora aproveitamos para afianzar mais se cave a amizade entre tódolos pais/nais. E fixémoslle un merecido recoñecemento a dous amigos e mellores persoas como son, Jose grande colaborador e Alfonso artífice de todo o Acontecido.
Así que so queda darvos as gracias a todos e desfrutar das dúas semanas de descanso que deu o míster e agardar a COMPOSTELA CUP, que de seguro faremos un bo TORNEO COMA SEMPRE


GRACIAS CHAVALES, POR FACERNOS CADA DIA MAIS GRANDES.

25 mayo, 2009

MOI DISPUTADO


ED VAL DO ULLA 0 - SDC MILAGROSA 1

Así foi o encontro de ida correspondente a fase de ascenso a liga rexional de infantís 2009. Os de Lugo moi reforzados para a ocasión viñeron O Coto a pelexar polo ascenso, pero atoparon os de Alfonso moi enchufados, a primeira metade con poucas ocasións nas dúas porterías chega o remate con un 0 á 0, reflexo do marcado cariz táctico disposto por ambos adestradores. Na continuación unha desgraciada xogada precedida dunha lesión dun dos centrais, desequilibrou a contenda.


Nada que reprochar a ninguén, partido de máxima concentración, moi enchufado todo o equipo desde Furelos ata Juanin. En Lugo non agardamos atopar un panorama mellor, campo contrario afición moi enchufada, así que so podemos confiar nestes bravos xogadores, para sacar a eliminatoria.


A nova equipación doada por Jose Alcalde puxo a nota festiva de estreno, os chavales saíron moi ilusionados o ver os seus nomes no reverso da elástica.

13 mayo, 2009

SORTEO FASE DE ASCENSO



Pincha este enlace para visualizar cuadro de eliminatorias, FASE FINAL INFANTIL
Zona Sur
Alondras-Arcade
O Condado-Villalonga
Grove-Antela
Portonovo-Verín
Coruxo-Alerta
Caldas-Ribeiro
Mondariz-Pabellón Promesas
Colexio Hogar-Santa Mariña

Zona Norte
Abanqueiro-Sp.Coruñés
Val do Ulla-Milagrosa
O Val-Calasanz
Cª de María-EF Lalín
Órdenes-Muxía
Nicrariense-Sp.Estrada
Vioño-Viveiro
Ferrol-Laracha

04 mayo, 2009

TROPEZÓN

ED. VAL DO ULLA 0 - M. PELETEIRO 1

Os de Alfonso tiveron un pequeno revés este sábado e non puideron despedir a competicion con un bo resultado, pero si con sensación de superioridade manifesta e bo fútbol, o asedio a porta rival foi constante sobre todo na segunda metade, proba delo foi que o porteiro da E. D. no interveu nin unha soa ocasión nos segundos 40 minutos, e aínda así non fomos quen de acertar a introducir a pelota entre os tres paus, cando os postes cando o porteiro cando un defensor impediron o gol local.

TERCEIRO POSTO ASEGURADO.
Co terceiro posto asegurado debemos estar ledos, de que un recen ascendido cun plantel demasiado curto, e sen facer mais que fútbol DE CALIDADE, colouse entre os cinco primeiros, que xogaran fase de ascenso a LIGA GALEGA de infantís no 2009-2010, deixando fora a outros con maiores aspiracións. Polo que no nos queda mais que felicitar a todos sen excepción, XOGADORES, DIRECTIVA, PATROCINADORES, EN ESPECIAL A JOSÉ ALCALDE POLA SÚA IMPLICACIÓN, NAIS E PAIS E SOBRE TODO O ARTÍFICE DE TODO ELO O ADESTRADOR. PARABÉNS A TODOS E SORTE NO SORTEO.


Que toque un rival forte, para pasar con mérito aínda que o tedes sobradamente recoñecido, pero hai que estrear esa nova equipación con moito orgullo polo acadado e facendo mais grande a esta ESCOLA.

26 abril, 2009

90%

E probable que se superara a cifra do 90% de posesión, pero como neguen o mide non se se sabe certo. O que si se sabe certo e que a xogo de equipo os de Alfonso e difícil superalos, exceptuando en definición final que andamos algo frouxos, no resto de liñas estamos de notable alto.



En canto o partido de este sábado de dicir que incomprensiblemente rematamos a primeira metade co resultado de inicio, pero todo mudou na segunda co acertado cambio de de sistema proposto polo míster. Nos primeiros minutos logo dunha xogada longa de posesión e ataque, marca David Pernas ó 0 a 1, a continuación fai Jordan ó 0 a 2 a pase de Martín as costas da defensa, xogada que repiten os pouco minutos para facer ó 0 a 3, e xa no final do partido logo de varios cambios marcaría Soto ó 0 a4 final.
Destacar o traballo sempre dando todo de Cristian, e o de Quique e Martín, que cada dia están mais consolidados nas súas respectivas posicións.

20 abril, 2009

UN MAL ARRANQUE...


VAL DO ULLA 1 - NICRARIENSE 2

Un comezo frío e un moi enchufado Nicrariense, truncaron os plans dos de Alfonso. Un gol nos primeiros minutos do encontro e outro cinco minutos despois, foron aval suficiente para que o Nicrariense se levase os tres puntos do Coto.

Tras este mal arranque, o equipo xogou ben en liñas xerais, malia que eles pecháronse ben atrás e o acoso do Val do Ulla foi constante a partir do minuto 12 fixémonos co partido e as ocasións non tardaron en chegar. Na reanudacion Cris marca un golazo de falta, e coma sempre adoita ocorrer o colexiado sumase a festas non sinalando claras faltas dentro e fora do area. Dispuxeron de varias ocasións claras, pero non entraron unhas porque as parou o porteiro, e outras porque foron fora.

O vindeiro Sábado diante do Compostela poderemos arrancar a espiña.