26 octubre, 2009

E.D.V. (3 - 2) S.D. Compostela


Remontada tras unha primeira parte de dominio pero sin pegada. O Compostela adiantouse na única xogada que chegou á nosa portería. Na segunda parte o equipo mellorou en profundidade tendo máis presencia de xogadores nas zonas de finalización y maior poder de recuperación de balón. Todo isto levou a unha clara superioridade do equipo que se traduxo en goles. Ao final o árbitro pitounos un penalti inexistente en contra que permitíu ó Compostela acercarse no marcador. En resumen unha clara e merecida victoria do equipo.Resultado final 3-2.
Comentario obtido da web oficial da EDV.

21 octubre, 2009

PARTIDO COMPLETO

COMENTARIO OBTIDO DA WEB OFICIAL DA ESCOLA

A.D. Nicrariense ( 2 - 5 ) E.D.V.

Partido moi completo dos infantis. O partido comenzou cun Val do Ulla sen intensidade defensiva e con moita distancia entre as liñas o que facilitaba a circulación de balón do Nicrariense e a falta de recuperacións de balóns pola nosa parte. Tras correxir eses desaxustes o equipo comenzou a roubar balóns e ter chegada á portería contraria pasando a ser dominadores do control do xogo e froito dese dominio chegaron as ocasións e os goles chegando ó descanso con ventaxa de 1-2. A segunda parte foi dominada claramente por nós, interpretando ben o xogo e aproveitándonos da defensa adelantada dos locais. Non tardaron en chegar os goles e a sentencia do partido. Ó final 2-5 moi merecido para o Val do Ulla que nos situa na zona media alta da clasificación e cun xogo cada día máis dinámico.

12 octubre, 2009

COMENTARIO OBTIDO DA WEB OFICIAL DA ESCOLA


12 de Outubro de 2009

INFANTÍS: E.D.V. ( 1 - 2 ) S.D. Cacheiras

- Comentario: Resultado Inxusto. Partido ben xogado polos infantiles. O resultado non reflexa o acontecido no partido. O dominio do xogo e das ocasións correspondeu ó Val do Ulla. Na primeira parte tivemos ata 4 ocasións diante do porteiro que non logramos transformar. Pola contra o Cacheiras anotou na única xogada que se acercou con claridade á nosa portería. Na segunda parte o control do xogo e o dominio foi abrumador pola nosa parte, eles defendían con orden e trataban de sorprendernos cunha contra. O gol do empate chegou ós 29 minutos e cando parecía que o partido acababa en empate o Cacheiras logrou un gol no último minuto de sorte tras un centro dende a banda que se colou sorprendentemente na portería. En definitiva un partido que por méritos mereceu gañar o Val do Ulla e que o Cacheiras se levou pola nosa falta de acerto de cara ó gol e pola mala sorte.

"Hola internautas son juanin. O Sábado os infantiles perdimos 1-2 inxustamente tibemos que haber gañado 5-0 fallamos moitas ocasions e a parte o árbitro non favorecia, nos fillemos todo o posible para gañar, pero temos que ter máis espiritu e creer en nos mismos, temos moita liga por diante."