ED VAL DO ULLA 0 - SDC MILAGROSA 1
Así foi o encontro de ida correspondente a fase de ascenso a liga rexional de infantís 2009. Os de Lugo moi reforzados para a ocasión viñeron O Coto a pelexar polo ascenso, pero atoparon os de Alfonso moi enchufados, a primeira metade con poucas ocasións nas dúas porterías chega o remate con un 0 á 0, reflexo do marcado cariz táctico disposto por ambos adestradores. Na continuación unha desgraciada xogada precedida dunha lesión dun dos centrais, desequilibrou a contenda.
Nada que reprochar a ninguén, partido de máxima concentración, moi enchufado todo o equipo desde Furelos ata Juanin. En Lugo non agardamos atopar un panorama mellor, campo contrario afición moi enchufada, así que so podemos confiar nestes bravos xogadores, para sacar a eliminatoria.
A nova equipación doada por Jose Alcalde puxo a nota festiva de estreno, os chavales saíron moi ilusionados o ver os seus nomes no reverso da elástica.
16 comentarios:
Se o que comentades "Os de Lugo moi reforzados para a ocasión" é certo, eu creo que sería para impugnar o partido. A min cústame traballo crelo, pero se é así sería ilegal. Grazas e ánimos para os chavales.
SE LEES AS BASES DA FASE FINAL COMPROBARAS QUE 4 XORNADAS ANTES DO REMATE DA LIGA PODES FICHAR XOGADORES, E ISO E O QUE SE ENTENDE CANDO SE DI REFORZADOS PARA A OCASIÓN, ENTENDENDO POR ESA A FASE FINAL DO CAMPIONATO DE INFANTÍS.
AGARDO TER ACLARADO AS DUBIDAS.
MILAGROSA REFORZADO O No, Os DO VAL DO ULLA DERON UNHA LECCIÓN DE BO FUTBOL. O RESULTADO NON FAI HONRA A O XOGADO.
PARA LUGO ÍMONOS, CON MOITAS GANAS E ILUSIÓN.
GAÑEN OU NON.
POLO MENOS PASAREMOS UN DÍA DE AMIZADE, CAMADERIA E BO ROLLO.
OS PAIS TEMOS QUE IR CON MOITAS GANAS DE ANIMAR A NOSO EQUIPO. SE Os RAPACES DÉIXANSE A PEL NO CAMPO Os PAIS TEMOS QUE DEIXARNOS A VOZ.
SEMPRE CON DEPORTIVIDADE E RESPETO.
Gracias Jose por la equipación, son muy bonitas.
Cando e a que hora é o partido de volta?
reforzados y todo lo que kieras peo ganamos igual 0-1 5-2 pa casiña
pa leccion de futbol a nosa 5-2
aii qe savr perder..
claro que sabemos perder, o que me irrita a min en particular e que pensa o ladro que todos son da súa condición, cando o milagrosa veo o noso campo esixiu arbitro neutral e con asistentes de liña e cando nós fomos ala ¿en dende quedaba esa esixencia?,¡ah! e que o arbitro tamén xogaba co Milagrosa,elemento importante para gañar(foras de xogo,penaltis non pitados,etc),tamén quero dicir que ninguén lle quita o mérito os chavales do MILAGROSA,XOGAN BEN E VENSE BOS RAPACES,pero o gañar representase en outros moitos aspectos,que neste caso deixaron moito que desexar,de todos modos e un xogo e a miña en hora boa a ambos equipos,en especial o VAL DO ULLA,polo xogo bonito que fan,o club dos pais e como non a ALFONSO,o artífice de que isto sexa unha realidade,pasar de segunda autonómica a primeira e quedar en postos de promoción de ascenso a liga galega nun so ano ten o seu mérito,iso si que e saber xogar,¡ah!,y sin axuda de ningunha clase.
os arbitros neutrales os pide o ekipo contrario
xa sabemos que os arbitros neutrales os pide o equipo contrario,pero como nos somos igual creemos que van a ser os demais,pero visto lo visto habra que aprender pra proxima,en hora boa o val do ulla,o traballo en ascenso no ultimo ano foi insuperable.FELICIDADES NENOS
los arbitros neutrales ai qe pagarlos!!
Da pena ver a falta de elegancia do anonimo este.
Un pouco de sentidiño. Eu vin o partido de Lugo e non sei de que penalti falades nin de que árbitro mercado insinuades. A Milagrosa foi moi superior ao Ulla e éstes en contadas ocasións pasaron do centro do campo (o porteiro da Milagrosa non fixo nin unha soa parada). Hai que ter espíritu deportivo e non buscar desculpas peregrinas para xustificar o inxustificable. Hoxe por hoxe, de dez partidos entre ambos equipos, a Milagrosa gañaría os dez. Un pouco de menos forofada por favor, e algo máis de obxectividade. Adiante Val do Ulla.
As cousas como son:
1º: A Milagrosa é superior ao Val do Ulla, de necios sería negalo; teñen moitísimo mellor fondo físico e unhas grandes cualidades co balón nos pés.
2º: Somos rapaces, xogamos ao fútbol para divertirnos, repito divertirnos, aínda que compitamos e sempre queiramos ser mellores ca o rival non ven a conto utilizar cousas extradeportivas para descentrar aos rivales, nin crear polémicas.
3º: Se se deixan comentarios agochando o nome baixo anónimos significa que algo tense que esconder.
Por certo a miña noraboa a S.D. Milagrosa polo ascenso a Liga Galega.
Publicar un comentario