20 abril, 2008

BO PARTIDO.



Emocionante encontro con gran traballo do equipo na totalidade das liñas. O resultado final foi de 3 a 2 un tanto deslucido polo estado do terreo de xogo e dun arbitro afeccionado que puxo todo o que sabia da súa parte pero non foi suficiente sendo moi influínte no resultado final. Deixando a un lado a arbitraxe neste encontro púxose de manifesto a gran cohesión do equipo, en ningún momento deixou xogar o rival con comodidade obrigando a xogar en largo e rifar a pelota sempre na saída, o roubo no centro por parte de Cristián e Pablito e a destrución do xogo ofensivo por parte de Quique para saír sempre con criterio, desarmaron a un ambicioso Calo que puxo todo o que tiña para dominar o xogo sen conseguilo en ningún momento. En resumo un bo partido.

No hay comentarios: