30 abril, 2008

O SILLEDA C.F. NOVO TEST.

En Silleda este Sábado dia 3 de maio novo test, agardamos que sexa un encontro de bo nivel o rival parece axeitado para comprobar o estado dos futbolistas.

23 abril, 2008

A FEDERACION MOVE FICHA.

O venres dia 18 de abril na delegación de Santiago, celebrouse un sorteo de de segundos dos grupos 7, 8, 9 e 10 da liga de segunda infantil, para prever posibles vacantes por ascensos a liga galega infantil no grupo 3 de primeira. A todo isto hai que dicir que na circular emitida pola federación a inicio de liga, xa estaba previsto que xogasen na fase final de ascenso a galega varios equipos de segunda, pero onde digo digo, dixen... Diego.

20 abril, 2008

BO PARTIDO.



Emocionante encontro con gran traballo do equipo na totalidade das liñas. O resultado final foi de 3 a 2 un tanto deslucido polo estado do terreo de xogo e dun arbitro afeccionado que puxo todo o que sabia da súa parte pero non foi suficiente sendo moi influínte no resultado final. Deixando a un lado a arbitraxe neste encontro púxose de manifesto a gran cohesión do equipo, en ningún momento deixou xogar o rival con comodidade obrigando a xogar en largo e rifar a pelota sempre na saída, o roubo no centro por parte de Cristián e Pablito e a destrución do xogo ofensivo por parte de Quique para saír sempre con criterio, desarmaron a un ambicioso Calo que puxo todo o que tiña para dominar o xogo sen conseguilo en ningún momento. En resumo un bo partido.

18 abril, 2008

S.R. CALO Vs. E.D. Val do ULLA



O sábado 19 de abril xogase un novo amistoso, se o temporal o permite. O encontro será conta a S.R. Calo campión do grupo 8 da segunda autonómica infantil. A S.R. Calo leva unha traxectoria impecable 18 partidos gañados de 19 e so 16 goles en contra con 103 a favor. Pode ser un gran encontro.





Nesta ocasión a engranaxe foi perfecta, o resultado aínda sendo moi positivo 3-0 non foi o mellor do encontro. Xogo convinativo dende a liña de centrais cos medios e os interiores con un gran traballo de desgaste da defensa rival por parte da dianteira deu como froito un fermoso partido, magoa de que fose un amistoso.


08 abril, 2008


NOVO TEST.
Este sábado disputarase un novo encontro co Arcanxel San Miguel como rival.
No encontro do pasado sábado víronse dúas caras, coma nos antigos vinilos. Na primeira parte recibiron tres goles cun xogo espeso e sen dominio no centro do campo, a defensa de tres foi unha coladeira pola banda dereita e sen firmeza no centro, en canto o ataque sen opcións pois non chegaban balóns, na segunda metade todo mudou a defensa de 4 fíxose dona xunto co centro do campo do partido, co balón en mas do cento do campo non tardaron en chegar as oportunidades e en 10 minutos xa recortaramos diferencias, sendo o marcador final un 3 a 3 xusto resultado

03 abril, 2008


O sábado dia 5 de Abril, xogaran o primeiro partido de preparación da Fase Final da LIGA INFANTIL 2007-2008. O San Miguel, subcampión do Gr. 7 de Segunda Autonómica será o rival neste encontro amistoso.

02 abril, 2008


INFANTIS VAL DO ULLA 2007-2008

A imaxe dun gran equipo, composto por 20 magnificos xogadores e un técnico GRANDE.
De esquerda a dereita: Alfonso (adestrador), Quique, Martín, David, Alvaro, Javi, Rafa, Furelos, Miguel, Denís, abaixo: Ramón, Cristian, Jordan, Pablito, Puyol, Parada, Otts, Diego e Andrés. Na foto faltan Juanin e Samuel (alevins).

01 abril, 2008

Non puido ser o Equipo traballou coma sempre pero faltou acerto cara o gol.
So queda felicitar a xogadores, corpo técnico e afección, e moi especialmente o adestrador, pola súa valentía e honradez, sempre xogo limpo e bonito, aínda que o resultado non acompañe.
Val do Ulla campión!!!!!!!!!!!