25 mayo, 2009

MOI DISPUTADO


ED VAL DO ULLA 0 - SDC MILAGROSA 1

Así foi o encontro de ida correspondente a fase de ascenso a liga rexional de infantís 2009. Os de Lugo moi reforzados para a ocasión viñeron O Coto a pelexar polo ascenso, pero atoparon os de Alfonso moi enchufados, a primeira metade con poucas ocasións nas dúas porterías chega o remate con un 0 á 0, reflexo do marcado cariz táctico disposto por ambos adestradores. Na continuación unha desgraciada xogada precedida dunha lesión dun dos centrais, desequilibrou a contenda.


Nada que reprochar a ninguén, partido de máxima concentración, moi enchufado todo o equipo desde Furelos ata Juanin. En Lugo non agardamos atopar un panorama mellor, campo contrario afición moi enchufada, así que so podemos confiar nestes bravos xogadores, para sacar a eliminatoria.


A nova equipación doada por Jose Alcalde puxo a nota festiva de estreno, os chavales saíron moi ilusionados o ver os seus nomes no reverso da elástica.

13 mayo, 2009

SORTEO FASE DE ASCENSO



Pincha este enlace para visualizar cuadro de eliminatorias, FASE FINAL INFANTIL
Zona Sur
Alondras-Arcade
O Condado-Villalonga
Grove-Antela
Portonovo-Verín
Coruxo-Alerta
Caldas-Ribeiro
Mondariz-Pabellón Promesas
Colexio Hogar-Santa Mariña

Zona Norte
Abanqueiro-Sp.Coruñés
Val do Ulla-Milagrosa
O Val-Calasanz
Cª de María-EF Lalín
Órdenes-Muxía
Nicrariense-Sp.Estrada
Vioño-Viveiro
Ferrol-Laracha

04 mayo, 2009

TROPEZÓN

ED. VAL DO ULLA 0 - M. PELETEIRO 1

Os de Alfonso tiveron un pequeno revés este sábado e non puideron despedir a competicion con un bo resultado, pero si con sensación de superioridade manifesta e bo fútbol, o asedio a porta rival foi constante sobre todo na segunda metade, proba delo foi que o porteiro da E. D. no interveu nin unha soa ocasión nos segundos 40 minutos, e aínda así non fomos quen de acertar a introducir a pelota entre os tres paus, cando os postes cando o porteiro cando un defensor impediron o gol local.

TERCEIRO POSTO ASEGURADO.
Co terceiro posto asegurado debemos estar ledos, de que un recen ascendido cun plantel demasiado curto, e sen facer mais que fútbol DE CALIDADE, colouse entre os cinco primeiros, que xogaran fase de ascenso a LIGA GALEGA de infantís no 2009-2010, deixando fora a outros con maiores aspiracións. Polo que no nos queda mais que felicitar a todos sen excepción, XOGADORES, DIRECTIVA, PATROCINADORES, EN ESPECIAL A JOSÉ ALCALDE POLA SÚA IMPLICACIÓN, NAIS E PAIS E SOBRE TODO O ARTÍFICE DE TODO ELO O ADESTRADOR. PARABÉNS A TODOS E SORTE NO SORTEO.


Que toque un rival forte, para pasar con mérito aínda que o tedes sobradamente recoñecido, pero hai que estrear esa nova equipación con moito orgullo polo acadado e facendo mais grande a esta ESCOLA.