26 abril, 2009

90%

E probable que se superara a cifra do 90% de posesión, pero como neguen o mide non se se sabe certo. O que si se sabe certo e que a xogo de equipo os de Alfonso e difícil superalos, exceptuando en definición final que andamos algo frouxos, no resto de liñas estamos de notable alto.



En canto o partido de este sábado de dicir que incomprensiblemente rematamos a primeira metade co resultado de inicio, pero todo mudou na segunda co acertado cambio de de sistema proposto polo míster. Nos primeiros minutos logo dunha xogada longa de posesión e ataque, marca David Pernas ó 0 a 1, a continuación fai Jordan ó 0 a 2 a pase de Martín as costas da defensa, xogada que repiten os pouco minutos para facer ó 0 a 3, e xa no final do partido logo de varios cambios marcaría Soto ó 0 a4 final.
Destacar o traballo sempre dando todo de Cristian, e o de Quique e Martín, que cada dia están mais consolidados nas súas respectivas posicións.

20 abril, 2009

UN MAL ARRANQUE...


VAL DO ULLA 1 - NICRARIENSE 2

Un comezo frío e un moi enchufado Nicrariense, truncaron os plans dos de Alfonso. Un gol nos primeiros minutos do encontro e outro cinco minutos despois, foron aval suficiente para que o Nicrariense se levase os tres puntos do Coto.

Tras este mal arranque, o equipo xogou ben en liñas xerais, malia que eles pecháronse ben atrás e o acoso do Val do Ulla foi constante a partir do minuto 12 fixémonos co partido e as ocasións non tardaron en chegar. Na reanudacion Cris marca un golazo de falta, e coma sempre adoita ocorrer o colexiado sumase a festas non sinalando claras faltas dentro e fora do area. Dispuxeron de varias ocasións claras, pero non entraron unhas porque as parou o porteiro, e outras porque foron fora.

O vindeiro Sábado diante do Compostela poderemos arrancar a espiña.

13 abril, 2009

SO OS POSTES E UN MAL ARBITRO PODEN CON ESTE EQUIPO


A Escola de Fútbol ven de dar un recital de FÚTBOL en Pazos (Padrón), onde foron inscritos o torneo da Asociación O Xílgaro, os equipos Infantil e Alevín, gañando o torneo este ultimo e proclamándose subcampión o Infantil, sendo os do CD. Arousa os rivais nas dúas finais.
En canto o deportivo dicir que tanto os alevíns coma os infantís competiron a un gran nivel, véndose deslucido en gran parte polas penosas arbitraxes sufridas polos infantís dun arbitro pouco parcial e interesado. Na final dous postes e un gol de fortuna impediron acadar a vitoria a un equipo que por fútbol e ocasións o mereceu mais que o rival.
Os de Alfonso deron todo o que este lles ensinou no campo, non se lles pode facer responsables nin a eles nin o adestrador da derrota final, máxime cando o longo do torneo fixeron un fútbol bonito e de gran nivel. O Arousa foi un rival forte, pero os nosos souberon sobrepoñerse a adversidade de encaixar moi axiña, pero cando tomaron as rendas so os paus nos impediron un resultado favorable.

NADA A NADA


CD CONXO B 0 - ED VAL DO ULLA 0


Inusual resultado o acontecido en Conxo este XOVES DE PASION, un campo de colosais dimensións e un dia desapacible, foron os condicionantes dun encontro a priori mais doado.

A principal consigna era non perder nun campo pouco propicio, e diante dun rival directo na loita polo terceiro posto, dado o desenrolo do encontro quizais un so punto nos sepa a pouco, tendo en conta tamén os resultados acontecidos noutros campos, xa que os perseguidores non fallaron, pero debemos centrarnos no encontro do vindeiro sábado que nos enfrontará o Nicrariense inmediato perseguidor, e forte candidato a ocupar unha das cinco plazas que dan dereito a disputar a fase de ascenso a liga GALEGA DE INFANTIS.

05 abril, 2009

IN EXTREMIS

Publicar entrada

VILLESTRO 2 - ED VAL DO ULLA 3

Así foi a vitoria acadada en Villestro. Despois de poñernos cun marcador favorable de 0 a 2 e voltar do descanso, parece que nos deu un pasmo cando vimos que os locais nos empataban o encontro, a reacción deu os froitos nos últimos suspiros do encontro, logo de fallar un penalti asubiado polo criticado colexiado da contenda.

En canto o deportivo dicir que non foi o mellor partido dos de Alfonso, pero nin o campo nin as circunstancias favorecian o xogo de toque o que estamos habituados. A pesar de todo isto non lle perdemos a cara o partido en ningún momento, tentando sempre de saír dende atrás co balón xogado. As circunstancias deron pe a unha zaga inédita, que afrontou o encontro con gran solidez defensiva, o ataque cun solitario Juanín so contra todos puxo en xaque en varias ocasións os rivais, e coma sempre o centro do campo cunha solvencia de dez, destacar o labor de Raúl cada medrando día a día, así coma o de Pernas e Dopazo en progresión continua.