31 marzo, 2009

FUTBOL!!!


ED VAL DO ULLA 4 - SD CALO 1


Os de Alfonso veñen de dar outra Clase Maxistral de fútbol, con aproximadamente un 80% de posesión e sen parar de tocar veñen de derrotar a SD. Calo, con outro trío de Jordan.

22 marzo, 2009

PRADOLONGO...



...Este sábado xogamos nun prado de herba natural na fermosa vila mariñeira de Cavo de Cruz. A pesares das dificultades, como a do campo, foi un monologo de fútbol con fermosas xogadas e longas posesións, propiciadas en parte polas grandes dimensións do terreo de xogo.
No físico eramos tan superiores, que se non tivésemos calidade no xogo probablemente o resultado seria moito mais avultado, pero o equipo xogou cama sempre a tocar, tocar e tocar... xa parece a crónica dun concerto de "EL CANTO DEL LOCO".
O resultado da contenda foi de 1 a 4, con goles de Cris (dous), Raúl e Jordan, ó dos de Cavo foi un penalti, mais ben rigoroso por unha man involuntaria nun rechace defensivo.

16 marzo, 2009

UN PUNTO E SEGUIDO.

O equipo segue a sumar nesta ocasión un so punto, que nos permite seguir no terceiro posto con 38 puntos.

Canto o deportivo o equipo segue a xogar ben e con moito ritmo. O gol de CD Boiro chegou logo dun pelotazo o ceo de Ribadulla, que caeu coma un raio na porta de Furelos sen que este puidese facer nada para evitalo. Pero o Equipo seguiu tocando e tocando, ate que acadou o empate, da man de Cris o transformar a pena máxima sinalada polo criticado colexiado. A pesar de que o dominio do balón e do tempo foi do Val do Ulla non fomos capaces de derrubar o muro defensivo do Boiro, que se pechou atrás e so tentaba sorprender con balóns longos, fáciles para a nosa defensa.
Destacar un dia mais a Cris, por xogo, pundonor e polo xesto que tivo con un dos xeareiros mais incondicionais. Así coma a Juanin que segue a medrar. E finalmente o resto do equipo porque todos son grandes futbolistas no individual e sobre todo no COLECTIVO, gracias o "Director da Orquestra".

Para rematar quero agradecer a vosa colaboración, así coma tranquilizar a todos o Blog non periga, polo de agora.

08 marzo, 2009

CONTROL TOTAL

ABANQUEIRO 0 VAL DO ULLA 3

Este sábado xogamos en Abanqueiro (Boiro) nun difícil campo de terra natural, pero como xa comentamos noutra ocasión o Val do Ulla Infantil e un equipo de TODO TERREO, froito desa metamorfose somos capaces de impoñer un CONTROL TOTAL o partido, os chavales estiveron de 10 en tódalas liñas, sen agasallos con xogo de toque iniciando sempre en corto. Destacar o traballo de Quique que se atopa nun momento de forma Impresiónate, así coma o de Cris, todo pundonor.
Para Soto será tamén para recordar este dia, xa marcou o seu primeiro gol, tan so o minuto de entrar no terreo de xogo.