28 febrero, 2009

DUAS CARAS.

FLAVIA vs VAL DO ULLA
Este partido foi coma un vinilo dos de antes con cara A é cara B. Na primeira metade dominio claro con moitas chegadas e fallo en definición, pero chegabamos ben polas dúas bandas recuperabamos moi rápido e xogamos co estilo propio do equipo, sen presa pero con moito ritmo. Na segunda metade mudou por completo tras acadar o 0 à 2 no primeiro minuto da reanudacion o equipo veuse a baixo de un modo incomprensible, en xogada de barullo defensivo Raúl acadou o 0 à 3 e a partir de aí... 2 á 3 foi o resultado final.
Destacar o primeiro gol de Raúl cos Infantís, dun xeito algo doloroso, que él non esquecera.

DESCULPAS

Pido desculpas a tódolos que agardades ler o comentario do partido da semana, e non puidestes satisfacer a vosa curiosidade. Motivos técnicos e unha viaxe a Capital do Reino impedíronmo.
En canto o partido contra do Sporting, so a sorte en contra impediunos acadar un resultado positivo, ó 0 a 1 final non fai para nada xustiza o xogo despregado polo noso equipo, que coma sempre cunha defensa soberbia é un cento do campo moi ben situado, non fomos quen de remontar o gol marcado polo Sporting no minuto 3 da primeira metade. Parecía que non era o dia dos dianteiros nin da estratexia, non saíu nada.


09 febrero, 2009

Cando un rival é superior hai que recoñecelo.

Dito a anterior, os de Alfonso non lle perderon a cara o partido en ningún momento, ben certo é que o poderío físico que detentaba o rival era difícil de conter, nebargantes, sempre fieis o seu estilo de xogo, tentaron de facer fútbol como se de fronte tivesen a un rival da mesma entidade. Destacar a actuación da defensa, moi sólida en todo momento, en particular dos centrais, os que lle tocou lidar o toro mais bravo do campionato. E probable que fose o único campo no que non fixo gol ó 9. O resultado final de 0 a 3 non é xusto, pero é o marcador final.
Agora só queda seguir traballando e mirar o futuro con optimismo.

02 febrero, 2009

"O MELLOR ..."

Din as malas linguas que o mellor equipo do Mundo e o R. Madrid e probable, pero non e o que mellor xoga, mais nesto do FÚTBOL o que prima son os resultados. Todo e así, esta semana se non hai orde en contra, recibiremos no Coto a E.F. Lalín, coma sempre con un plus de motivación xa que, o ser o mellor da nosa Liga, sempre e un alicerce para o grupo o tentar algo positivo.
Agardamos unha boa entrada, confirmada a asistencia da maioría das outras categorías que non xogan ata o Domingo.
Será un Luxo de partido sen dubida