22 diciembre, 2008

DE TIRALINEAS.




Os de Alfonso veñen de dar unha clase maxistral en estratexia a tódolos afeccionados que nos atopabamos no Coto o sábado. Cinco xogadas de estratexia con resultado de catro remates a porta e 3 golazos. O resultado final non fai fe o xogo xa que se quedou moi curto, Jordan tirou o poste por fora e conta do porteiro ocasión que non soe marrar. Con un 80% de posesión e sen un so remate do contrario a porta parece curto o 6 a 0 final.


O que non foi nada curta sen dubida a comida de Nadal, a que asistiron uns 40 nembros da familia dos Infantís da E.D.V. E digo que non foi nada curta por que rematamos cerca das seis da tarde, entre comida sobremesa con soplado de velas e tertulia.

Remato esta crónica con pena por eses 30 números que nos separaron do primeiro premio da lotería do Nadal. Unha lástima.

17 diciembre, 2008

SELECCIÓNS: SUB-17, SUB-15, ALEVIN E FUBBOL SALA


PARABENS A JUNIN, ANDY, SANJURJO, JACOBO E ALVARO. XUSTO PREMIO RECOÑECER O TRABLLO DE DOUS DOS MELLORES ADESTRADORES DE GALICIA, COMO SON TOJO E ALFONSO.

ESCOLAS DEPORTIVAS VAL DO ULLA, HAI FUTURO!!!

14 diciembre, 2008

BO PARTIDO


Bo partido ó que disputaron en Negreira este sábado, o resultado un pouco enganoso foi de 1 a 1, a posesión estaría nun 70% en favor do Val do Ulla, as ocasións de gol foron numerosas os ataques aínda que moi pausados foron continuos, a defensa estivo ben, a media ben, a dianteira ben, o arbitraxe moi regular tirando a malo, o xogo foi cortado continuamente por faltas ou foras de xogo moi dubidosos cando menos, un claro penalti do porteiro sobre Jordan non foi asubiado. O Nicrariense e un bo equipo, con unha boa defensa pero algo ramplon no ataque.
Destacar que permanecemos por diante continuamos na terceira plaza, e mantemos tódalas opcións.

06 diciembre, 2008

DESQUICIADOS...



...Así remataron algúns dos compoñentes do Villestro logo do correctivo recibido no Coto. Por un contundente 7 a 0 gañou o equipo este sábado. Fútbol control e sen mais implicacións das necesarias. Os de Alfonso desplegaron un xogo practico sen renunciar a beleza no xogo. Destacar as actuación de Jordan que acadou o seu primeiro hat trick da tempada e a de Andy que retornou a portería manténdoa a cero sen moitas complicacións.