30 noviembre, 2008

O MAL TEMPO...




Din os mais vellos, boa cara. A que lles quedou a Quique e a Martín que marcaron cada un seu gol de fermosa factura. O equipo ven de acadar unha vitoria de 0 a 5 en Calo, e suma xa seis consecutivas. Os de Alfonso funcionan coma unha maquina de precisión suíza, estiveron a altura en tódalas liñas, traballo de equipo con demostración de gran cohesión e poderío físico nunha xélida maña, que non deixaba pensar con claridade de ideas.
Se hai que destacar a alguén será a Juanín que despois de perder a súa avoa materna días antes, dou un recital na súa posición, sendo despedido cunha grande ovación polos seus compañeiros cando foi sustituído.
E de carambola puxemosnos cuartos na clasificación, digo carambola, porque temos un partido mais que o quinto, que non xogou nesta xornada.



28 noviembre, 2008

MAL TEMPO


FIN DE SEMANA DE PROGNÓSTICO MOI MALO TIRANDO A PEOR, EN CANTO O TEMPO ATMOSFÉRICO SE REFIRE.
AVISO DE TEMPORAL EN TODO O LITORAL CON NIVEL LARANXA NA COSTA E PUNTOS ALTOS DO INTERIOR, SO QUEDA AGARDAR QUE NOS DEIXE XOGAR EN CALO ESTE IMPORTANTE ENCONTRO.

26 noviembre, 2008

CADETES IMTRATABLES


O equipo CADETE segue intratable tanto no Coto coma fora. Sen dubida os de Tojo están adar un golpe de efecto na categoría, por CALIDADE. Son o único equipo invicto con cinco de cinco e o menos goleado con so cinco goles en contra.

23 noviembre, 2008

IMPORTANTE VITORIA


Esta foi unha importante vitoria ante un rival directo. E importante foi para David que saíu titular por primeira vez. Deste partido destacaremos os dous fermosos goles de Juanín, e sobre todo destacar o traballo de Quique, que estivo como sempre adoita estar ENORME.
O remate do encontro tiveron lugar dous acontecemento moi emotivos, que foron as homenaxes que lle fixeron tódolos nembros do plantel e corpo técnico a AGUSTÍN e a MIGUEL, fóronlle entregados sendos balóns coas sinaturas de tódolos compañeiros
.

18 noviembre, 2008

HASTA SIEMPRE PIVE !!!


Este sábado Agustín Barrios, más conocido como "ARGENTINO" se despide de todos nosotros. Tras su fugaz paso por el equipo y por circunstancias de la vida, se regresa a su Argentina.
Animo y hasta siempre PIVE.

17 noviembre, 2008

...IBERICOS NON!!!




Un menú saboroso en grata compañía e de boa sobremesa, ese foi o GRAN PREMIO recibido polos integrantes da expedición do Val do Ulla a Boiro.
Os Ibéricos están a bo recuado para que cheguen o sábado, onde serán degustados por un gran numero de lambóns.

16 noviembre, 2008

VITORIA...


...Con mas sufrimento do desexado. O equipo ven de gañar a domicilio o Boiro con un sufrimento non merecido, por xogo, por colocación, por traballo. Non foi ata a segunda metade que se inauguraron os marcadores, primeiro foi o 1 a 0, de rigoroso penalti, a continuación Juanin colocou as táboas no marcador de fermosa xogada, con remate a gol, deseguido Jordan puxo o 1 a 2 definitivo, logo dun contraataque letal.
O equipo despois dos primeiros minutos comezou a funcionar co seu marcado estilo, froito del tivemos control de balón, ataque rápido con finalización de xogada, e o mais salientable foi que defensivamente estibemos a moi bo nivel.

14 noviembre, 2008

UN BO EQUIPO...


...este Abanqueiro, foi de momento o mellor equipo ó que se enfrontou o Val do Ulla, ordenados, tocando...
Pero cando o equipo funciona nada se pode facer para parar esta maquina de fútbol.

04 noviembre, 2008

O TRABALLO DOU FRUTO...

...O traballo da froito sempre. Os INFANTÍS veñen de gañar un encontro por calidade, traballo e esforzo. Con unha liña defensiva de circunstancias, a conto da baixa de Rafa, víronse na obriga de abusar da saída en logo, pero unha vez que se asentaron tentaron sempre de xogar co "Estilo Val do Ulla", toque en curto, ataque longo e roubo rápido. Se a isto lle sumamos a reaparicións de Jordan con catro goles, e a de Cris con 2 que déronlle vida de novo a este conxunto con necesidade de vitorias.
Ademais os chavales tiveron unha visita inesperada, Miguel notablemente recuperado apareceu no Coto para ver o partido. E os compañeiros agradecéronllo cun saúdo colectivo o remate deste .