27 junio, 2008

REMONTADA


TRABALLO, TRABALLO E TRABALLO, o equipo puxo o mono de traballo e remontou ata igualar un 2-0 na segunda parte que puido ser un 2-4 de non ser da inspiración do porteiro da SD Abanqueiro.

Hai que salientar o traballo en todas as liñas e do equipo en xeral, pero hai que facer especial mención a PUYOL, por acadar o empate e a PARADA por ese golazo que nos regalou.

25 junio, 2008

"NO COMENT"

Un feito insólito nestas categóricas, tirou o lixo o traballo de uns chavales NOBLES, ninguén podía pensar que nun bote neutral, precedido dun plantillazo e lesión dun central do noso equipo, nacería un gol en contra. Hai que salientar o bo traballo do equipo en particular destacar o fenomenal tiro a cruceta de Óscar Parada y o remate de Puyol que salio lambendo o pau longueiro. En resumo o fútbol non sempre e xusto, algo que tamén se aprende na escola do Val do Ulla. ANIMO CHAVALES!!!!!!
Hai que desexarlle unha pronta recuperación a Cris, o equipo necesítao.

24 junio, 2008

MIOTO PREMIO PARA POUCO ESFORZO

O Val do Ulla ven de ser derrotado nun encontro no que o fútbol dos de Alfonso se contrarrestou con agresividade e pouco xogo dos da Estrada. O arbitro tivo que advertir os estradenses en varias ocasións por exceso de agresividade, e amosou tres cartóns amarelos. A guinda púxoa o "número 6" do Sporting tras marcar o 2-1 final, mandando calar a Alvaro e logo con un recital de DEDO que non viña a nada. O dito "MOITA MELENA E POUCO FÚTBOL"

23 junio, 2008

CHEGOU O DÍA

Hoxe comeza a competición da Compostela CUP, primeiro partido as 17:10 contra o Sporting Estrada en Calo.

SUBCAMPEONS EN NEGREIRA

Torneo de Fútbol Base de Negreira.
Este torneo era do sistema de semifinais e final, chegamos a final na que fomos derrotados por un Nicrariense moi enchufado, o partido foi moi bonito ate o 2-0, que definitivamente nos puxo fora do mesmo. Hai que dicir en favor dos nosos que o calor abafante e o campo pequeno xogaron moi en contra do equipo

18 junio, 2008

NICRARIENSE vs VAL DO ULLA

Amistoso de altura con un equipo clasificado para a fase de ascenso a Liga Galega nesta tempada, rematou 5º clasifado por detrás de: Cidade, La Salle, Sp. Estrada e Ef. Lalín, con uns números envexables 20 partidos gañados, 6 perdidos e 3 empates. Polo que se agarda un bo encontro este Sábado dia 21 de Xuño a partir das 13 horas en Negreira.

14 junio, 2008

SORTEO COMPOSTELA CUP F-11/F-7



Sorteo da Compostela Cup na categoria de SUB-14, F11.
PRIMEIRA XORNADA
23-6-2008 1 C 17:10 SP.ESTRADA EF VAL DO ULLA CALO
SEGUNDA XORNADA
24-6-2008 3 C 19:30 EF VAL DO ULLA SD VALIÑO SAN LÁZARO
TERCEIRA XORNADA
25-6-2008 3 C 19:30 EF VAL DO ULLA SD ABANQUEIRO CALO
Sorteo da Compostela Cup na categoria de SUB-13, F7.

PRIMEIRA XORNADA
3-7-2008 1 A 17:40 EF VAL DO ULLA AMIO SD SAN LÁZARO-2
3-7-2008 2 A 19:20 EF VAL DO ULLA EF CRESCER SAN LÁZARO-2
SEGUNDA XORNADA
4-7-2008 4 A 9:50 CSD AMES EF VAL DO ULLA CALO-2
4-7-2008 5 A 18:30 CD CONXO EF VAL DO ULLA SAN LÁZARO-1

Nestes enlaces podedes ver os calendarios completos:

13 junio, 2008

SEMANA DESCANSO


Unha merecida semana de descanso, para retornar os adestramentos na vindeira semana para preparar a COMPOSTELA CUP, coas maximas garantias de exito.

03 junio, 2008

OS ADESTRAMENTOS CONTINUAN.

O equipo prosigue co plan habitual de adestramentos semanais nas instalacións do Coto, ata o comezo da COMPOSTELA CUP.