26 mayo, 2008
A PRIMEIRA!!!!!!
PARABÉNS A TÓDOLOS XOGADORES POLOS ÉXITOS OBTIDOS O LONGO DESTA TEMPADA. FELICIDADES POLO MERECIDO ASCENSO
Tras un partido embarullado de moitas imprecisións, e con un resultado final de xusto empate a un gol ente Flavia e Val do Ulla, rematou a promoción de ascenso para os segundos dos grupos 7, 8, 9 e 10. Os números son contundentes 7 puntos 8 goles a favor e 2 en contra. Agora so queda preparar a Compostela Cup, antes das merecidas vacacións para xogadores e corpo técnico.
Temos que felicitar polo tanto a tódolos que seguiron o equipo, a directiva con Irene o fronte, así coma a David a Cutrin, e finalmente a Alfonso, o almater deste EQUIPO.
18 mayo, 2008
O BO FACER TEN PREMIO.
ED. Val do Ulla 4, San Miguel 1.
Un encontro de notable alto para todo o equipo, con especial mención de Alberto "Puyol" pola súa maxia, a Pablito polo seu oficio, e a Cristian polo seu pundonor, da man destes tres mosqueteiros a maquina do Val do Ulla marchou coma un reloxo suízo, o San Miguel non foi nin moito menos o equipo que se agardaba, espeso na saída sempre en largo e moi predecible no ataque. Os goles cada un de fermosa factura foron de Puyol, Jordan e Pablito.
Hai que facer especial mención o favor que nos fixo o Cidade de Santiago en Lalín, vencendo os do Deza por un gol a tres. Isto fainos ter pe e medio na Comarcal.

16 mayo, 2008
ED. VAL DO ULLA vs SAN MIGUEL
Este sábado dia 17 de maio voltaremos a vernos co Arcanxel no Coto, como nos anteriores encontros amigables que disputamos, fomos moi superiores, agardamos un equipo doído e con ambición, polo que temos que estar moi previdos.
Unha vitoria seria un paso de xigante cara o ascenso, de tódolos xeitos o sorteo da promoción de ascenso a Liga Galega de infantís, foi moi pouco xenerosa co equipo de infantis "a" da Ef. Lalín, deparando un choque contra un do máximos candidatos o ascenso como e o Cidade de Santiago.
A fotografía obtida na web do Cidade, pertence a un partido da copa Concello de Santiago entre o Cidade e o San Miguel.
10 mayo, 2008
CF ARTES-ED VAL DOULLA
Superado o primeiro dos tres envites. O Val do Ulla ven de supera por un contundente 0 a 3 os do Artes. O partido foi un monologo do Val do Ulla con un domino total dos tempos e do xogo, e a pesares de que nos puxeron balóns de tómbola, ademais o campo de herba e o arbitraxe xogaron moi en contra dos intereses do equipo. Hai que sacar en limpo do acontecido hoxe que o equipo es a un nivel moi bo a pesar de lesións e outros aconteceres, polo que xogando coma hoxe hai moitas posibilidades de ASCENSO.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)