Os de Alfonso veñen de dar unha clase maxistral en estratexia a tódolos afeccionados que nos atopabamos no Coto o sábado. Cinco xogadas de estratexia con resultado de catro remates a porta e 3 golazos. O resultado final non fai fe o xogo xa que se quedou moi curto, Jordan tirou o poste por fora e conta do porteiro ocasión que non soe marrar. Con un 80% de posesión e sen un so remate do contrario a porta parece curto o 6 a 0 final.
O que non foi nada curta sen dubida a comida de Nadal, a que asistiron uns 40 nembros da familia dos Infantís da E.D.V. E digo que non foi nada curta por que rematamos cerca das seis da tarde, entre comida sobremesa con soplado de velas e tertulia.
Remato esta crónica con pena por eses 30 números que nos separaron do primeiro premio da lotería do Nadal. Unha lástima.